galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de guións contra a violencia de xénero : 2016

Traballo gañador

O xurado do "Concurso de guións contra a violencia de xénero" decidiu conceder por unanimidade o premio ao guión gañador baixo o título “O Túnel”que resulta da autoría de :

-          Alba Antúnez Pena

-          Cristina Fernández Blanco

-          Carmela Franco Caaveiro

-          Jessica Moledo Blanco

-          Noemí Purriños Lago

-          Román Varela Cores

O guión “O túnel” foi titorizado pola docente Diana Aradas Blanco do IES Moncho Valcarce do concello de As Pontes de García Rodríguez

O xurado, destacou neste guión a proposta orixinal, intelixente que encerra moitas capas. Trata un tipo de violencia “invisible” de baixa intensidade ou tamén denominada “micromachismos” presente na sociedade.  Reflicte unha sociedade opresiva e patriarcal. É unha curta poética e metafórica con gran plasticidade. Xera reflexión, concienciación sobre a violencia de xénero. Considérase unha proposta con impacto social.

Tecnicamente está moi ben escrito e visualizase perfectamente.

É un guión complexo que transmite unha mensaxe moi clara.

Técnicamente considerase viable para a súa produción