galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos

Concurso logotipo igualdade de xénero

Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro do 2011, quixo que a sociedade participara, e se implicara de maneira activa e convocou un concurso de deseño dun logotipo ou composición gráfica/escrita como imaxe e símbolo identificativo para empregar nas actividades, publicacións e edición de materiais nesta área.

Puideron participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou afeccionados/as, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo.

O premio concedeuse á composición gráfica/escrita que a través da súa orixinalidade e a súa eficacia comunicadora represente a promoción da “Igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero” como símbolo identificativo da actividade nesta materia da Deputación Provincial da Coruña.

PERSOA GAÑADORA

LUCIA GONZALEZ GONZALEZ