galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2010

Características

CONCURSO DE VIÑETAS "A MEDIAS"

No marco da conmemoración do 8 de marzo no ano 2010, convócase o I Concurso de viñetas baixo o título “A medias” para fomentar a implicación dun xeito activo do público xuvenil na importancia da igualdade de xénero, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e o reparto equilibrado das responsabilidades familiares e tarefas domésticas con visos a avanzar na consecución dunha sociedade mais equitativa e conseguir que todos os días sexan 8 de Marzo.

O premio concedeuse á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día Internacional das Mulleres Traballadoras pretendeu sensibilizar e resaltar actitudes positivas sobre:

  • Importancia de participar no reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas
  • Conciliación da vida familiar, persoal e laboral
  • Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na inserción laboral e no desempeño de profesións tradicionalmente masculinizadas.