galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2011

Características

OBXECTIVOS DO CONCURSO

Destinado a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que poderán presentar, individualmente ou en grupo, viñetas que resalten actitudes positivas sobre a importancia da promoción da corresponsabilidade nas tarefas do fogar, a igualdade de oportunidades ou a conciliación da vida laboral e familiar.

O premio concederase á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día das Mulleres Traballadoras pretenda sensibilizar e resaltar actitudes positivas sobre:

  • A necesidade de compatibilizar o traballo remunerado co traballo doméstico e as responsabilidades familiares sen esquecerse do desenvolvemento persoal de cada individuo.
  • Propostas de medidas de conciliación da  vida persoal, familiar e laboral que mellore a presente problemática social a favor da promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Vantaxes das medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.