galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2012

Características

CONCURSO DE VIÑETAS "=TRABALLOS, PERSOAS≠"

Co obxecto de xerar unha conciencia reflexiva e fomentar a participación social das/os adolescentes, a Deputación da Coruña, no marco das actuacións para a conmemoración do 8 de marzo “Día da Muller”, convoca o III Concurso de viñetas baixo o título “=TRABALLOS, PERSOAS≠” para fomentar a implicación dun xeito activo do público xuvenil sensibilizando sobre a necesidade de que exista un acceso en igualdade de oportunidades ao mercado de traballo para rachar cos estereotipos de xénero nas profesións, así como fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade como medidas imprescindibles para que as mulleres participen en igualdade de oportunidades da vida pública.

O obxecto do certame foi neste ano empregar a viñeta ou tira de viñeta (máximo 6 viñetas) para reflexionar, sensibilizar, rachar cos estereotipos de xénero e/ou propoñer accións positivas sobre a necesidade de que exista un acceso en igualdade de oportunidades ao mercado de traballo, a formación, etc.. así como fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade.

O premio concedeuse a viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día da Muller pretendeu reflexionar, sensibilizar, rachar cos estereotipos de xénero e/ou propoñer accións positivas sobre:

1.1 ESTEREOTIPOS DE XÉNERO COMO DISCRIMINACIÓN HORIZONTAL NAS PROFESIÓNS E NO ACCESO AO MERCADO LABORAL: A discriminación laboral por razóns de xénero consiste principalmente na distinción, exclusión ou preferencia no trato no acceso ao mercado laboral e/ou na relación de traballo segundo o sexo ao que pertenzas.

1.2 DIVERSIFICACIÓN DE OPCIONS PROFESIONAIS: na nosa sociedade existe unha distribución desproporcionada entre homes e mulleres en igualdade de condicións nos diferentes sectores laborais, calificándose diferentes postos de traballo como masculinos ou como femininos. Esto dá lugar a un accesso desigual entre homes e mulleres á formación e ao emprego, así como a perpetuar unha barreira invisible denominada teito de cristal que fai referencia a imposibilidade de que as mulleres en igualdade de condicións poidan acceder a postos de responsabilidade nas organizacións maioritariamente xestionadas por homes e desenvolver plenamente as súas capacidades xa que están vinculadas a estereotipos e prexuízos legado dunha sociedade patriarcal.

1.3 DESIGUALDADE SALARIAL DE XÉNERO OU BRECHA SALARIAL DE XÉNERO: Na nosa sociedade a realidade é que as mulleres sofren desventaxas sociais e económicas debido a diferencia na valoración do que supón “masculino”. Os diferenciais no acceso, participación, acceso e control dos recursos, servizos, as oportunidades e os beneficios do desenvolvemento coñécense como brecha de xénero. A análise das brechas de xénero permite ver o alcance das desigualdades en tódolos ámbitos.