galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2013

Características

CONCURSO DE VIÑETAS "POLA IGUALDADE REAL"

Dende a Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN  DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.
O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro,  e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización adicado este ano ao empoderamento das mulleres no medio rural.
O premio concederase á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día da Muller pretenda reflexionar e sensibilizar sobre:

  • Visibilización do rol das mulleres no medio rural. Reflexión sobre o traballo produtivo adicado en especial medida ás explotacións agro-gandeiras versus o traballo reprodutivo relativo ao coidado dos/as nenos/as, persoas maiores e/ou persoas dependentes.
  • Contribución das mulleres no medio rural ao desenvolvemento económico, social, cultural e ambiental, así como reflexionar sobre a achega das mulleres no rural á modernización e revitalización do medio rural incorporando boas prácticas responsables co ambiente e a creación de novas oportunidades económicas e sociais.
  • Estereotipos de xénero no desenvolvemento das profesións no rural. O traballo da muller no medio rural non pode entenderse como complemento do masculino.
  • Empoderamento, liderado, participación social  das mulleres no medio rural
  • Importante labor como portadoras e transmisoras de coñecementos e valores.