galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2014

Características

CONCURSO DE VIÑETAS "DÁ IGUAL?IGUAL NON DÁ"

Dende a área de servizos sociais e políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña, se convoca por quinto ano consecutivo, e visto a boa acollida en anos anteriores, o V Concurso de viñetas “ Dá igual? Igual non dá?”.

O obxectivo deste concurso é  fomentar a implicación dun xeito activo do público xuvenil sensibilizando sobre o papel das mulleres no ámbito educativo, adicando este concurso a identificación de desigualdades por razón de xénero neste  ámbito e propostas para o cambio.

Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro,  e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 8 de abril de 2014 ás 23.55 h.