galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2015

Características

Dende a área de servizos sociais e políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2015 "Día da muller", por sexto ano consecutivo, a VI EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO "ELAS".

Bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/03/06/2015_0000002587.html

O obxecto do certame é empregar a viñeta para reflexionar sobre o papel da muller no sector primario e concienciar sobre a necesidade de cambios de valores e modelos para a consecución da igualdade de xénero real. Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro, e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización. Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 8 de abril de 2015. En canto aos premios, seleccionarasetres traballos finalistas en cada categoría: CATEGORIA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) e CATEGORIA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos). Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics. Por outra banda, e paralelamente, levaranse a cabo obradoiros de banda desexada dirixidos a poboación en xeral, os venres 6, 13 e 17 do mes de marzo de 17.30 a 20h, na Biblioteca Provincial, sita na Rúa Riego de Agua, na Coruña, no que se traballará a mesma materia do concurso a través de diferentes técnicas:

http://www.bibliotecaspublicas.es/bp-diputacion-coruna/seccont_100634.htm