galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2016

Características

Dende a área de servizos sociais e políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2016 "Día das mulleres", por sétimo ano consecutivo, a VII EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO "XÉNERO, MEDIOS E COMUNICACIÓN".

Bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/03/07/2016_0000001608.html

O obxecto do certame é empregar a viñeta para reflexionar sobre o tratamento do xénero na comunicación (escrita, oral, non verbal) así como nos diferentes medios (prensa, televisión, radio, redes sociais, publicidade, cine, literatura, música, etc.) e tomar conciencia sobre a necesidade de cambios de valores e modelos co fin de conseguir a igualdade de xénero real.

 Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de traballos ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 29 de abril de 2016. En canto aos premios, seleccionarasetres traballos finalistas en cada categoría: CATEGORIA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) e CATEGORIA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos). Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

Por outra banda, e paralelamente, levaranse a cabo obradoiros de banda desexada dirixidos a poboación en xeral, os venres do mes de marzo de 17.30 a 20h, na Biblioteca Provincial, sita na Rúa Riego de Agua, na Coruña, no que se traballará a mesma materia do concurso a través de diferentes técnicas: