galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2016

Persoas gañadoras

CATEGORÍA A (de 12 a 14 anos)

 1º PREMIO: Número de obra: 1 - Pseudónimo: Maxwell Oxford

O xurado destacou deste traballo o concepto claro de cómic así como o manexo dos primeiros planos, interpretación dos bocadillos, a cor, e os diálogos. O traballo fai unha referencia directa aos medios de comunicación a través do cómic/cine incorporando a perspectiva de xénero no contido. Fai referencia ao papel da muller nas viñetas e no mundo das heroínas.

 2º PREMIO: Número da obra: 8 - Pseudónimo: Kaluky

O xurado destacou a composición en diagonal empregando a figura central como eixo da composición. Resolve a parte textual cunha interrogante retórica sobre o papel da muller no mundo das novas tecnoloxías e das redes asumindo postos de traballo de alta dirección.

 3º PREMIO: Número da obra: 5 - Pseudónimo: Picachu

O xurado destacou que o traballo presentado é plasticamente atractivo cunha lectura visual fácil e ben codificada. Traballa sobre como se incorporaría a igualdade de xénero a través das aplicacións móbil representando iconos de entrada igualitarios e en sintonía coa diversidade, tendo en conta novos rexistros, rachando estereotipos de xénero.

CATEGORÍA B (15 a 18 anos)

Unha vez valoradas os 11 traballos, o xurado decide declarar deserta a Categoría B do concurso por considerar que as viñetas non recollen o tema obxecto do concurso, non reflexionan sobre o tratamento do xénero nos medios de comunicación, nin reúnen calidade plástica suficiente para concorrer na súa convocatoria.