galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas : 2018

Características

1. Obxecto

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxecto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.

2. Participantes

Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo. Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade. Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.

3. Temática

Os traballos presentados versarán sobre:

– Historia das mulleres en Galicia.

– Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados: profesoras, políticas, científicas, activistas, escritoras, periodistas, poetas, exiliadas, armadoras, artistas, almirantas de navegación, investigadoras, deportistas, etc.

– Empoderamento feminino na historia de Galicia.

– O papel das mulleres e historias de vida no desenvolvemento da sociedade galega; na Galicia rural da Posguerra, na ciencia e a investigación, na mobilización feminina e a loita pola liberación das mulleres galegas na Historia, na artesanía, nos medios de comunicación, no eido do mar, etc. 

4. Formato

A viñeta poderá presentarse en formato como mínimo DIN A4 e como máximo DIN A5.

A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío conductor.

Poderá empregarse a técnica libre.

A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.

A obra presentarase en formato físico de papel.

A obra non poderá ir asinada co nome.

O idioma empregado será o galego.

5. Premio

CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e os 14  anos)

Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio.

Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics.

Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)

Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio.

Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics.

Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

 6. Prazo e forma de presentación dos traballos

O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases (B.O.P. do 7 de marzo de 2018) o 8 de marzo de 2018 e péchase aos 40 días naturais ,  o día 16 de abril de 2018. 

Para máis información poden consultar as Bases da convocatoria  na seguinte ligazón.