galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de viñetas

Histórico

ANO 2013

CONCURSO DE VIÑETAS "POLA IGUALDADE REAL"

Dende a Deputación da Coruña, convocouse no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN  DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.
O obxectivo foi reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
As persoas premiadas nesta edición foron: 

1º PREMIO: Alicia Meléndrez Iglesias, residente no Concello de A Coruña. 

2º PREMIO: Adrián Martelo Martínez, residente no Concello de  A Coruña.  

3º PREMIO: Martín Campelo Campelo, residente no Concello de  Carral. 

ANO 2012

CONCURSO DE VIÑETAS "=TRABALLOS, PERSOAS≠"

Co obxecto de xerar unha conciencia reflexiva e fomentar a participación social das/os adolescentes, a Deputación da Coruña, no marco das actuacións para a conmemoración do 8 de marzo “Día da Muller”, convocou o III Concurso de viñetas baixo o título “=TRABALLOS, PERSOAS≠” 

O obxecto do certame foi neste ano empregar a viñeta ou tira de viñeta (máximo 6 viñetas) para reflexionar, sensibilizar, rachar cos estereotipos de xénero e/ou propoñer accións positivas sobre a necesidade de que exista un acceso en igualdade de oportunidades ao mercado de traballo, a formación, etc.. así como fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade.

1º PREMIO: Pedro Bouza Bernárdez

2º PREMIO: Cristian Fojón Caruncho

3º PREMIO:

Carmen Seoane Rodriguez

ANO 2011

CONCURSO DE VIÑETAS "CONCILIAS?"

O obxecto deste ano foi fomentar actitudes positivas sobre a importancia da promoción da corresponsabilidade nas tarefas do fogar, a igualdade de oportunidades ou a conciliación da vida laboral e familiar.

ANO 2010

CONCURSO DE VIÑETAS "A MEDIAS"

No marco da conmemoración do 8 de marzo no ano 2010, convócase o I Concurso de viñetas baixo o título “A medias” para fomentar a implicación dun xeito activo do público xuvenil na importancia da igualdade de xénero, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e o reparto equilibrado das responsabilidades familiares e tarefas domésticas con visos a avanzar na consecución dunha sociedade mais equitativa e conseguir que todos os días sexan 8 de Marzo.

O premio concedeuse á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día Internacional das Mulleres Traballadoras pretendeu sensibilizar e resaltar actitudes positivas sobre:

  • Importancia de participar no reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas
  • Conciliación da vida familiar, persoal e laboral
  • Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na inserción laboral e no desempeño de profesións tradicionalmente masculinizadas.