galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade

Proxectos europeos

PROXECTO TRABALLANDO NA CORRESPONSABILIDADE NO EIDO LOCAL

corresponsable-reducida.jpg

En colaboración co departamento de planificación da Deputación da Coruña traballouse nun Proxecto de Corresponsabilidade no Eido Local. O Programa de acción sobre a estratexia comunitaria de igualdade de xénero ten como obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes, en particular, mediante a asistencia e o apoio á estratexia-marco comunitaria. Abrangue toda política e acción comunitaria encamiñadas a alcanzar a devandita igualdade, incluídas as políticas de integración da igualdade de sexos e as accións específicas dirixidas ás mulleres.

As actuacións do Programa para a corresponsabilidade no campo familiar e doméstico son:

  • Investigación e diagnóstico en corresponsabilidade.
  • Sensibilización, captación e dinamización.
  • Formación especializada en xénero e formación audiovisual. Difusión e transparencia.
  • Coordinación e xestión.

2007 foi o Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades e tivo coma obxectivo facer que a cidadanía da Unión Europea sexa máis consciente dos seus dereitos a favor dun trato igualitario e a unha vida sen discriminacións.

En 2006 o obxectivo prioritario foi a "Promoción da igualdade de xénero, especialmente no desenvolvemento local". Este obxectivo permitiu tratar dúas cuestións diferentes, pero complementarias:

  • Incentivar unha participación equilibrada de mulleres e homes nos aspectos socioeconómicos do desenvolvemento local
  • Fomento da promoción de xénero dende as políticas implementadas no eido local.