galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2008

Representación teatral "Medidas preventivas"

No marco da conmemoración do 25 de novembro do año 2008, propúsoxe un circuíto de representacións teatrais da obra “ Medidas preventivas” de Gustavo Pernas, que se levou a 7 concellos de menos de 30.000 habitantes da provincia e á cárcere de Teixeiro.

O obxectivo foi organizar un acto itinerante para brindar a oportunidade de conmemorar o 25 de novembro “ Día contra a violencia de xénero”. A obra trata sobre a violencia de xénero e a violencia de forma xeral.

O espectáculo consta de 5 pezas breves e 3 actores e pertence a Ancora Producións.

A obra quere lanzar unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor negro sobre as novas relacións e comportamentos sociais.

Medidas preventivas, que venden protección a cambio da submisión e seguridade a cambio de medo. Medidas que instalan na cidadanía un consumo despreocupado a cambio da desconfianza social. Están desenfocadas e dirixidas a cidadáns da pé, presuntos culpables nos os seus actos cotiáns que foron nacendo entre guerras preventivas e catástrofes inesperadas…