galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2010

Concerto Cristina Branco

CONCERTO CRISTINA BRANCO

A Deputada Delegada da área de Igualdade propuxo realizar, no marco da conmemoración do 8 de marzo de 2010, unha actuación musical gratuíta.

Propón a presentación do novo álbum "Kronos" de Cristina Branco o día 20 de marzo de 2010

Este álbum foi elixido xa que baixo o título " Kronos" ( empo) trata sobre "o agora, o que foi e o que vira...para construír un futuro" e empregando unha metáfora proponse encadrar esta actuación na conmemoración do día das mulleres traballadoras reflectindo os logros conseguidos ao longo do tempo polas mulleres,  visibilizando o seu traballo non só reprodutivo senón tamén produtivo en busca da igualdade real entre mulleres e homes e incidindo nos retos de futuro para a consecución da igualdade real entre mulleres e homes.

Elixir unha actuación musical no marco das actuacións para conmemorar o 8 de marzo día das mulleres traballadoras foi unha boa forma tamén de visibilizar o duro traballo das mulleres no mundo artístico.

O título do álbum é o concepto do mesmo, fainos reflexionar no paso do tempo, e a modo de metáfora o relacionamos coa evolución e a consecución da igualdade de xénero real ao longo dos anos.

Para incidir nesto fíxose referencia coa lectura dun manifesto na actuación sobre a necesidade de visibilizar o traballo produtivo das mulleres na sociedade, conciliar a vida persoal, laboral e familiar, e a necesidade da corresponsabilidade e o reparto das responsabilidades familiares para favorecer a plena incorporación das mulleres no mundo laboral.