galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2010

Unidades didácticas Concepción Arenal

No ano 2005 con motivo da celebración do Premio Concepción Arenal presentouse unha Unidade Didáctica sobre Concepción Arenal e publicáronse 1000 exemplares.

Tras valorar o contido didáctico da publicación proponse levar a cabo a difusión dos exemplares a:

Departamentos de Orientación dos Centros Públicos Integrados (CPI) e Institutos Educación Secundaria (IES) públicos da provincia. Aproximadamente existen 98 IES e 24 CPI o que suman un total de 122 centros. Departamentos de Servizos Sociais – Area de Igualdade ou Centros de Información da Muller e Bibliotecas públicas da provincia, para que podan dispor da unidade didáctica como material de apoio para a realización de futuros obradoiros.