galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2010

Xornadas violencia

10/12/2010 I I XORNADA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Pazo de Mariñán acolleu o pasado 20 de decembro a "II Xornada Contra a Violencia de Xénero" promovida pola Deputación Provincial da Coruña, Sección de Servizos Sociais, unha iniciativa no marco da conmemoración do 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

Desde a Deputación Provincial querense promover medidas para a sensibilización, a prevención e o tratamento da violencia de xénero. Por este motivo e co gallo da conmemoración do 25 de novembro "Día da loita contra a violencia de xénero", este organismo quere afondar na loita contra as diferentes formas de violencia de xénero, dedicándolle este ano especial a atención a trata de mulleres con fins de explotación sexual. Nestas II xornadas estarán representados os distintos axentes sociais que traballan neste ámbito co fin de coñecer, afondar e establecer canles para traballar desde todos os ámbitos sociais a prol da eliminación e erradicación da violencia de xénero.

foto-xornada-violencia-2010.jpg

Cartaz (PDF)   Diptico (PDF)

Pódese consultar o seguinte blog:  http://tratasedunhavida.blogspot.com</