galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2011

Circuito de charlas

A Deputación da Coruña promove un ciclo de charlas sobre a situación actual da muller traballadora en Galicia no marco da conmemoración do 8 de marzo "Día das mulleres traballadoras", data importante que nos lembra a loita de moitas mulleres e o que aínda queda por facer para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.

Algúns datos para a reflexión:

- En Galicia o 53,56% das mulleres están en situación de desemprego e só no 2010, 27.500 mulleres perderon o seu traballo.

- Só o 23% das mulleres terán dereito a cobrar o 100% da xubilación, un 28% das galegas ten contrato temporal e un 20% traballa a tempo parcial, cobrando un 26% menos que os homes.

O ciclo de charlas desenvolveuse no Concello de Carballo o 21 de marzo ás 17,30 h baixo o título "A reforma laboral hoxe", o 22 de marzo ás 17.30h no Concello de Narón "Experiencias da vida" e no Concello de Arteixo o 23 de marzo ás 18.30h "A inserción da muller no mundo laboral".

Para mais información pódese consultar a páxina web www.diadamuller2011.net