galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2011

Circuito de representacións teatrais

contacontos 3.jpg

 

CIRCUITO DE REPRESENTACIÓNS TEATRAIS "A IGUALDADE CONTA"

Constitúe un dos obxectivos da Deputación Provincial da Coruña a adopción de medidas para o fomento igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade.

Por este motivo este organismo quere poñer en marcha actividades dirixidas ao público infanto-xuvenil de coeducación, xa que a educación é unha parte fundamental do proceso de socialización das persoas. A través da educación dun xeito consciente e inconsciente estase a potenciar a perpetuación de estereotipos de xénero que introduce roles diferenciados entre as nenas e os nenos. Os modelos que nos ensinan a maioría dos contos favorecen a consolidación de estereotipos sexistas e mantén actitudes de desigualdade que en ocasións produce efectos nefastos como a violencia de xénero. Por todo isto considerase moi necesario traballar desde idades tempéranas a xerar criterios de igualdade de xénero, respecto e tolerancia.

“ O pais dos mandóns”, “O segredo de Flora” e “A urna dos desexos” pertencen a colección de libros infantís “ A Igualdade conta” da editorial Embora.

Para completar a adquisición do material coeducativo, desde a deputación proponse executar 8 espectáculos infantil-xuvenil coa técnica de contacontos, da man de Ghazaflehos, compañía teatral que traballa coa editorial e está representando estes contos a nenos e nenas de entre os 0 e os 6 anos en outros Concellos e Deputacións.

3 novos exemplares da colección “A igualdade conta” cos títulos “ O pais dos mandóns”, “O segredo de Flora” e “A urna dos desexos”.

O obxectivo desta actuación é adquirir os exemplares, distribuílos nos 94 concellos da provincia e centros propios da Deputación, e ofrecer entre os concellos de Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Narón, Oleiros, Ribeira, Boiro, Teo, Sada, Laracha, Rianxo, Corcubión, Dodro, Boqueixón.