galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2011

Donas do segredo

ADQUISICIÓN DE EXEMPLARES DO LIBRO "DONAS DE SEGREDO"

O deputado responsable da Comisión de Benestar Social, Políticas de igualdade de xénero e Normalización Lingüística da Deputación Provincial considerou de interese valorar a adquisición destes 950 exemplares.

O obxectivo desta actuación é adquirir os exemplares do libro de poemas “Donas do segredo”, con textos de Luz Pozo, Enma Couceiro, Rosalía de Castro, etc. para dotación propia da Deputación Provincial da Coruña.

Con este libro preténdese visibilizar o traballo literario das autoras galegas máis representativas en lingua galega como símbolo do traballo das mulleres en Galicia.