galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2011

Exposición Rosalía de Castro

Desde a Sección de servizos sociais, a Deputada delegada da área de políticas de igualdade propón subliñar a significación de Rosalía de Castro no seu tempo con motivo do 125 cabodano do seu pasamento.

Rosalía de Castro é sen dúbida a figura central do renacemento literario galego, foi unha adiantada ao seu tempo, feminista e ecoloxista, salientou especialmente como poeta, narradora e precursora do feminismo.

En materia de igualdade de xénero, Rosalía de Castro é precursora en defender os dereitos das mulleres na súa época, onde os estereotipos sexistas de xénero limitaban o desenvolvemento persoal e profesional das mulleres.

A Deputada-delegada de políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña considerou de interese a contratación da exposición itinerante de Rosalía de Castro como unha acción para o fomento igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade en xeral.

A exposición itinerante de Rosalía de Castro estivo conformada por 20 paneis compostos de elementos gráficos e textos que repasan os aspectos mais relevantes da vida e obra de Rosalía de Castro ofrecida pola Fundación de Estudos Galegos Manuel María.

Propúxose contratar a exposición no ano 2010 e 2011 e levala a 20 concellos da provincia con presencia en cada unha das comarcas e con preferencia a aqueles concellos que tiveron unha relación directa coa vida e obra da artista, os concellos propostos son Santiago, A Coruña, Padrón, Boiro, Ferrol, Melide, Carballo, Arteixo, As Pontes, Fisterra, Narón, Oleiros, Culleredo, Ames, Ribeira, Cambre, Teo, Noia, Sada e Fene.