galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2011

Manifesto 25 N

MANIFESTO CO MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO "DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Constitúe un dos obxectivos da Deputación Provincial da Coruña desde a Sección de Servizos Sociais, Área de Políticas de Igualdade afondar na importancia de loitar contra a violencia de xénero, fomentando medidas de prevención, sensibilización e tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero. A violencia de xénero parte das desigualdades sociais entre mulleres e homes, sendo un problema estructural vinculado ao desigual reparto de roles de xénero.

Desde a Deputación Provincial da Coruña entendese como a única forma de prevenir a violencia de xénero avanzar cara a igualdade real das persoas.

Por este motivo e co gallo da conmemoración do día 25 de novembro “Día contra a violencia de xénero” dáse instruccións a sección de elaborar un documento base para que poida posteriormente redactar un manifesto coa intención de aprobar, e ler o texto no pleno de novembro 2011.

O documento recollerá os compromisos deste organismo na materia, o traballo iniciado neste senso, os avances experimentados, as carencias e os retos de futuro aínda por conseguir para terminar con esta lacra social.

https://www.dacoruna.gal/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=