galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2012

Exposición Forum Metropolitano

A Deputación da Coruña, neste últimos anos levou a cabo no marco da conmemoración do 8 de marzo “Día da muller traballadora” unha actividade co obxecto de fomentar a implicación dun xeito activo do público xuvenil na importancia da igualdade de xénero, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e o reparto equilibrado das responsabilidades familiares e tarefas domésticas con visos a avanzar na consecución dunha sociedade máis equitativa mediante a convocatoria dun concurso de viñetas cómic que convocáronse de xeito consecutivo nos anos 2010, 2011 e 2012 baixo os seguintes títulos:

- I concurso de viñetas “A medias” ano 2010

- II concurso de viñetas “Concilia” ano 2011

- III concurso de viñetas "=traballos, persoas ¹” ano 2012

En ditas convocatorias a deputación fixo a reserva de dereitos para facer uso das obras, cedéndolle a persoa autora os dereitos para que a Deputación poida empregala para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

Como medio para lograr unha participación impartíronse talleres sobre Banda Deseñada na biblioteca provincial nos anos 2011 e 2012 onde traballáronse as temáticas segundo as bases das convocatorias publicadas no BOP.

Como resultado destas actividades nas tres convocatorias temos un total de 70 traballos participantes, 21 finalistas e 9 traballos gañadores, realizados por nenos en idades de 12 a 18 anos aos cales concedéronse 9 premios, e que van referidas as temáticas seguintes:

No I CONCURSO DE VIÑETAS CÓMIC “A MEDIAS” 2010 traballouse sobre a importancia de participar no reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na inserción laboral.

No II CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “CONCILIAS?” 2011 adicouse a necesidade de compatibilizar o traballo remunerado co traballo doméstico e as responsabilidades familiares sen esquecerse do desenvolvemento persoal de cada individuo.

No III CONCURSO DE VIÑETAS CÓMIC “=TRABALLOS, PERSOAS¹” 2012 traballouse sobre diversificación de opcións profesionais, desigualdade salarial de xénero ou brecha salarial

O entusiasmo das persoas participantes pola expresión gráfica das ideas a traverso do cómic lévanos a pensar no interese de facer unha pequena exposición dos traballos deste viveiro de pequenas promesas.