galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2014

Programa socioeducativo "Somos dous"

SOMOS DOUS

ANO 2013-2014

Coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro do 2013 día contra a violencia de xénero, a Deputación Provincial considerou de interese poñer en marcha un programa socioeducativo de prevención da violencia dirixido a poboación adolescente en centros de educación secundaria da provincia, baixo o título “Somos dous” que comenzou a executarse en febreiro do ano 2014 finalizou en maio.

Os concellos seleccionados inicialmente para acoller a actividade son da zona Sar Barbanza e Costa da Morte deuse prioridade os concellos de ata 20.000 habitantes, tendo en conta o índice de poboación menor de 16 anos, e a existencia de centros educativos de secundaria, así como a dispoñibilidade e disposición xeográfica. Os concellos elixidos son; Porto do Son, Muros, Cee, Camariñas, Fisterra, Boiro, Noia, Rianxo, Padrón, Vimianzo e Lousame.

O programa consta de obradoiros de sensibilización dirixidos preferentemente ao alumnado de 3 da ESO dirixidos a facilitar ao alumnado a identificación daquelas situacións nas que se produce a violencia de xénero, incidir sobre actitudes e condutas dirixidas a construír unhas relacións afectivo-emocionais saudables nas relacións de parella ou noivado, incidindo na erradicación de mitos e estereotipos erróneos. A través dos obradoiros e actividades previstas no programa traballarase co alumnado estratexias que potencien actitudes críticas fronte as desigualdades e a violencia de xénero, favorecendo o desenvolvemento de habilidades de comunicación necesarias para unha resolución de conflitos non violenta, escoita activa, expresión de sentimentos e asertividade.

CARTAZ DO PROGRAMA

GUÍA DIDÁCTICA DO PROGRAMA