galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2014

Circuito de representacións teatrais

contacontos 3.jpg

CIRCUITO DE REPRESENTACIÓNS TEATRAIS "O PAÍS DOS MANDÓNS"

Dende a Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña estamos a  poñer en marcha un circuíto de actividades coeducativas dirixidas ao público infantil, xa que consideramos que a educación é unha parte fundamental do proceso de socialización das persoas e que a través da educación, dun xeito consciente e/ou inconsciente, estase a potenciar a perpetuación de estereotipos de xénero que introduce roles diferenciados entre as nenas e os nenos.

Por este motivo organizarase unha representación teatral (1 sesión de 60 minutos) nos concellos seleccionados (en base a criterios estatísticos) a través da técnica do contacontos da man da compañía “Ghazafelhos”.

Consiste nunha recopilación  de tres títulos: “O pais dos mandóns”, “O segredo de Flora”e “A urna dos desexos”, que pertencen á colección  “ A igualdade conta”, que incide en valores educacionais relativos á igualdade, tolerancia, respecto e convivencia.

É unha coidada colección editada e ilustrada a nivel pedagóxico. Dirixida a menores prelectores e lectores abarcando idades desde os 0 aos 6 anos.

As representacións teatrais leváronse a cabo nos seguintes concellos: Cee, Pontedeume, Brión, Negreira, Padrón, Ares, Melide, Camariñas, Muros, Porto do Son, Carral, Oroso, Ponteceso e Miño, entre os días 04/11/2014 e 30/12/2014.