galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2014

Difusión exemplares "Maruxa a mariñeira"

Difundíronse exemplares do conto “ Maruxa a Mariñeira", elaborado por nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP “As Forcadas” da localidade de Corme, Concello de Ponteceso e editado coa colaboración co Concello de Ponteceso e a Deputación Provincial da Coruña.

Este proxecto nace coa intención de visibilizar a presenza das mulleres no mar de Corme, xa que a relación das mulleres galegas co mar é unha constante nas vilas costeiras. Son pezas chave no proceso produtivo sendo colleitadoras, cultivadoras, coidadoras, comercializadoras, etc.

As mulleres viven unha importante discriminación xa que no ámbito do mar levan a cabo as funcións menos valoradas, que non menos importantes, con menor visibilización con respecto aos postos desenvoltos polos homes. Desta investigación e traballo reflexivo sobre a presenza real das mulleres no mar nace esta obra.