galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2015

Banderolas "Non mires, actúa"

A Deputación Provincial da Coruña, pretende sensibilizar á cidadanía do seu papel clave dentro da prevención, identificación e denuncia da violencia de xénero.

É por isto que dende o pasado 20 de novembro de 2015 se colgaron dúas banderolas na fachada do Pazo Provincial co lema "Non mires, actúa; contra a violencia de xénero".

Este lema pretende concienciar a todas as persoas sobre a importancia de avanzar un paso máis cara na loita contra a violencia de xénero, deixando de ser espectadores/as e convertíndonos en protagonistas da súa denuncia.

 IMG-20151120-WA0015.jpg