galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2015 : Campaña de sensibilización "No amor non todo vale"

Obxectivos e descrición

1. OBXECTIVOS XERAIS E ESPECÍFICOS DO PROGRAMA.

Segundo o prego de prescricións técnicas, realizarase unha campaña de sensibilización con motivo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero” dirixido a toda a comunidade pero incidindo prioritariamente na poboación infanto-xuvenil, presentamos a continuación os obxectivos do programa orientados á educación en valores de igualdade entre sexos, á sensibilización e á prevención da violencia de xénero:

 

Impulsar o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

Fomentar a concienciación e sensibilización social, así como a promoción e adopción de medidas preventivas que tendan á eliminación ou redución das desigualdades entre mulleres e homes.

Concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero como problema social, fomentando a tolerancia cero con estes comportamentos, promovendo estratexias educativas, preventivas e de sensibilización.

Involucrar á poboación infanto-xuvenil e ós axentes sociais: familias, centros educativos, asociacións, administración local, etc., a través da súa participación directa.

 

Tendo en conta que a campaña de sensibilización se dirixe á poboación menor de 16 anos, proponse traballar coas rapazas e rapaces en prol dos seguintes obxectivos específicos:

 

Divulgar no ámbito social e comunitario os diferentes tipos de violencia de xénero que existen; o coñecemento que se ten sobre os aspectos visibles da súa incidencia na nosa sociedade; a gravidade do fenómeno e as súas consecuencias individuais e sociais.

 

Concienciar e sensibilizar sobre a gravidade da violencia de xénero; identificar a forma que adopta esta violencia nas relacións persoais entre mozos e mozas e promover a adopción de posturas de rexeitamento e denuncia activa fronte á violencia de xénero.

Desenvolver principios de respeto e solidariedade entre ambos os dous sexos.

Traballar para unha nova conceptualización do “amor” dentro das parellas, facendo visibles as diversas orientacións sexuais.

Afianzar o autoconcepto positivo e a capacidade de interrelación.

Saber identificar os tipos de violencia, saber cómo actuar, ónde denunciar, cómo proceder

 

2. DESCRICION DETALLADA DO PROGRAMA

 

A Deputación Provincial da Coruña, en colaboración cos concellos de Boiro, Laracha, Ordes, Sada, Fene, Cee, Teo, Melide e Santa Comba, creará un punto de encontro, no que se levará a cabo a campaña de sensibilización que se celebra con motivo do 25 de Novembro “DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”.

A Deputación Provincial da Coruña, solicitará ós Concellos participantes do proxecto a cesión de instalacións municipais (preferiblemente polideportivo, pavillón), para a celebración dos actos da campaña NO AMOR NON TODO VALE.

 

a. CONTIDOS

Pretendemos crear un espazo colaborador onde levar a cabo os obxectivos da campaña, un espazo que sirva como punto de encontro a rapaces e rapazas, ANPAS dos centros educativos, asociacións, profesorado, pais e nais, etc.