galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2015 : Campaña de sensibilización "No amor non todo vale"

Público obxectivo

A proposta de actividades da campaña de sensibilización con motivo do “DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, vai especialmente dirixida ao público infanto - xuvenil, aínda que tamén queremos achegar a nosa proposta a toda a comunidade educativa, representada polos pais e nais, profesorado, ANPAS, entes públicos e cidadanía en xeral.

No aprendizaxe de nenos e nenas, desempeñan un papel decisivo as experiencias que viven coas persoas máis próximas. Por iso, moitas das situacións violentas que ocorren na escola, teñen seu orixe na familia, no barrio ou nos medios de comunicación onde se transmiten modelos violentos que inflúen no seu comportamento futuro: por iso todos debemos de participar de xeito activo nesta campaña.