galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2016 : Campaña de sensibilización "Sementa respecto, colleita igualdade"

Características

 

Cartaz 25 de novembro

O vindeiro 25 de novembro co gallo da conmemoración do “DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO”, dende a Deputación Provincial da Coruña, imos desenvolver una serie de actuacións de sensibilización, co obxectivo de xerar conciencia social na cidadanía e tamén de xuntar esforzos para combater esta gravísima lacra social.

Unha destas accións é a “ÁRBORE DOS DESEXOS”, un espazo en forma de árbore que estará situado en diferentes centros da Deputación Provincial da Coruña na que todas e todos poderedes participar cos vosos desexos. Tan só tedes que escribilos en forma de frase, palabra, debuxo ou como mellor o queirades expresar nas tarxetas que atoparedes xunto a árbore e colgalos dunha das pólas.

Asemade, farase unha distribución de chapas promocionais coa imaxe da campaña entre as persoas colaboradoras para dar maior visibilidade e lograr unha maior difusión entre a cidadanía

As árbores estarán situadas durante o dia 25 de novembro nos diferentes centros da Deputación da Coruña; Pazo provincial (08:00 – 15:00 horas), Biblioteca provincial (10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, Conservatorio de Danza (16:00 a 20:00 horas),  e edificio de Servizos Tributarios (08:00 a 15:00 horas), para que tanto as traballadoras e traballadores da Deputación como as persoas que acudan ás instalacións poidan participar da iniciativa.

Do mesmo xeito, as árbores estarán presentes no Centro de Día de Menores de Ferrol, Fogar Infantil Emilio Romay, IES Calvo Sotelo, IES Rafael Puga Ramón, formando parte das actividades que nestes desenvolven coas rapazas e rapaces, con motivo do 25-N.

Implicar a toda a sociedade no seu conxunto, sexa cal sexa a súa idade para visibilizar e sensibilizar sobre este sobre este problema tan grave.

Síguenos nas nosas redes sociais!

Facebook: https://www.facebook.com/arboreigualdade/

Twitter: https://twitter.com/arboreigualdade

Instagram: https://www.instagram.com/arboreigualdade/

 

 Sementa respecto, colleita igualdade