galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2016 : Documental sobre o deporte feminino, "Contra os elementos"

Características

A Deputación da Coruña. Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais, estreará o martes 6 de outubro “Contra os elementos”, un documental sobre o deporte feminino na provincia da Coruña.

Trátase dun proxecto documental que, a partir de entrevistas a destacadas deportistas e adestradoras, pretende visualizar o deporte feminino galego e os seus triunfos, desmontar os prexuízos de xénero que habitualmente o arrodean,  apoiar os deportes minoritarios, promover valores como a superación e o esforzo, normalizar o deporte feminino entre a mocidade creando modelos a seguir e animar ás adolescentes a practicar deporte.  

 Para iso, o documental explora deportes de varias disciplinas, divididas nos catro elementos naturais: boxeo e rugby (lume), fútbol e  atletismo (terra), vela e surf (auga), parapente e ximnasia artística (aire). Como protagonistas, atópanse deportistas de elite, de base, e adestradoras profesionais, como Marta Brañas, Verónica Boquete, Mónica Castelo, Paula Mayobre, Sofía Toro, Isabel Gundín, Thais Pazos, Alicia Sadia, Maite Reimondo, Mari Carmen García, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera (ver adxunto con títulos)

“Contra os elementos” está dirixido principalmente ao público adolescente, co obxectivo de educar e visualizar, sen esquecer ao público xeral, e todas as persoas interesadas no deporte e na igualdade, incluíndo federacións deportivas, clubs, asociación e escolas deportivas, medios de comunicación etc.
Para isto, ademais de contar cunha versión longa de 50’, divídese tamén en catro vídeos máis un extra (correspondentes aos citados catro elementos + futuro) que poden verse e exhibirse de maneira independente.  O proxecto multimedia complétase cunha web onde se subirán estes vídeos e material adicional.

 www.contraoselementos.gal

Contra os Elementos é unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña