galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2016 : Programa socioeducativo "Suprime o control" : Características

Plan de comunicación

Para a difusión do programa “Suprime o control” entre a comunidade educativa así como do compromiso da Deputación da Coruña na loita contra a violencia de xénero dende o traballo no ámbito educativo:

-        Creouse a páxina Web “www.suprimeocontrol.com”, e habilitouse unha dirección de correo electrónico para a comunicación no marco do programa, info@suprimeocontrol.com.

(Neste portal Web difundirase o calendario, información completa do programa, enlaces de interese....)

-        Abríronse perfís en diferentes redes sociais (facebook, Twitter, Instagram...).

-        Deseñáronse e imprimíronse cartaces e dípticos con información do programa.

-        Realizarase un Manual do programa socioeducativo.  Despois da realización do conxunto de actividades propostas, realizarase un manual ou guía didáctica de apoio ao profesorado de secundaria na que se recollerá os diferentes enfoques, actividades educativas e dinámicas empregadas durante o Programa, así como outras alternativas, para que poidan continuar o traballo na aula dentro do plan de acción tutorial. Así mesmo, recolleranse todas as orientacións oportunas para o seu axeitado desenvolvemento, así como as referencias a materiais e recursos empregados. O deseño e a maquetación será o dunha guía atractiva, con diferentes imaxes e ilustracións, que faciliten a súa lectura e emprego por parte do profesorado, sempre de acordo coa imaxe e lema contratados.