galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2016 : Programa socioeducativo "Suprime o control" : Características

Presentación

O PROGRAMA SUPRIME O CONTROL, organizado pola Deputación da Coruña,  está dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO e desenvolverase ao longo dos cursos escolares 2016-2017 / 2017-2018 / 2018-2019.

Para este curso 2016-2017 o programa impartirase nas comarcas  de Arzúa, Bergantiños, Ordes, Santiago e O Sar, realizando actividades de prevención e sensibilización en 14 centros educativos.

Neste programa traballarase pola promoción da igualdade de xénero entre a poboación adolescente. Tendo en conta o papel protagonista que os medios de comunicación audiovisuais, as redes sociais e as novas tecnoloxías en xeral ocupan na socialización de mozos e mozas, neste programa aproveitaremos as oportunidades didácticas e lúdicas que ofrecen. Así, buscaremos espertar certa actitude de crítica cara as mensaxes que transmiten, e fomentaremos o seu emprego responsable. Deste xeito, abordaranse as novas formas de control exercidas a través das novas tecnoloxías e a importancia da responsabilidade individual no seu uso, así como a detección e identificación das formas de violencia máis simbólicas e invisibles.

Xa está dispoñible o portal Web do programa: www.suprimeocontrol.com.