galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2016 : Programa socioeducativo "Suprime o control" : Concursos programa

Concurso de microrelatos

PERSOA GAÑADORA

Xián Barreiro Codesido do C.P.I. Fonte Díaz do concello de Touro

RELATO GAÑADOR

"Metamorfose"

"Os vapores do ferro de pasar, o xabrón de fregar os pratos, o mango da vasoira. Deixa de estudar; non fai falla que traballes... Xestos de cariño detrás de miradas celosas e golpes detrás de sorrisos falsos.

Ela xa estaba farta de todo iso; quería ser libre; suprimir o control total; ser forte e voar de novo.

E sabedes que?

Fíxoo.

Entón recoñeceuse de novo diante do espello."