galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2016 : Representacións teatrais "Contamos todas"

Descrición

 

img_32155.jpg

O proxecto "Contamos todas", consiste nunha programación cultural dirixida ao segundo ciclo da ESO e de Bacharelato, que aplica  a técnica do teatro social, da man da compañía A Tropa de Trapo e da empresa Urdime Sociedade Cooperativa Galega co obxecto de promover a sensibilización social contra a violencia de xénero, convidando ao posicionamento persoal do alumnado contra as actitudes machistas que xeran desigualdade.

A actividade desenvolverase a través do teatro social, ferramenta de aprendizaxe colectiva desde as experiencias humanas que supón un instrumento de participación.

A Tropa de Trapo empregará música en directo, narración oral e técnicas do teatro da oprimida para xerar dinámicas participativas entre o alumnado. A actividade comeza cun contacontos sobre a vida de mulleres galegas reais e o seu empoderamento e outro contacontos sobre a historia das mulleres en diferentes partes do mundo.

Estas representacións empregarán actividades dinámicas e participativas onde por un lado escoitaranse os contos e por outro debaterase e traballaranse os conceptos, onde o alumnado participará, opinará coa súa voz e co seu corpo chegando a interpretar unha escea sobre a que reflexionar.

Traballarase con dous contos "As mulleres de Torneiros" e "Liberia", historias reais de mulleres empoderadas, rebeldes, historias de superación.

Este tipo de actividades é unha forma de crear debate, reflexión e pensamento crítico que nos sirva como base para ofrecerlle á poboación adolescente novos modelos de relación en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Para traballar nos debates empregarase a técnica do teatro da oprimida a través de varios xogos de concentración e vogais en cadea, para promover a participación.