galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2017 : Campaña "Construíndo diversidade"

Características

A Deputación Provincial da Coruña bota a andar a Campaña provincial de sensibilización "Construíndo diversidade" en conmemoración do Día das diversidades sexuais que se celebra o próximo día 28 de xuño.

Esta campaña constará de diferentes actividades que se desenvolverán os días 26 e 28 de xuño.

O día 26 de xuño en horario de mañá terá lugar, na Sala de Comisións do Pazo Provincial, a Rolda de prensa de presentación da campaña, seguida da proxección do vídeo promocional da mesma.

Pola tarde realizaremos un Acto conmemorativo no Teatro Colón que comprenderá as intervencións de representantes da Asociación de escritores en lingua galega e da entidade ARELAS, de familias de menores transexuais.

Así mesmo contaremos coas intervencións musicais de Sofía Espiñeira e o grupo Chotokoeu, seguidas do alumeado da fachada principal do teatro, que permanecerá acendida coas cores do arco da vella ata o próximo día 30 de xuño.

Neste acto terán cabida tamén mesas informativas das entidades do colectivo LGTBQI e de diferentes entidades do tecido asociativo.

O acto será conducido por Xurxo Souto.

O día 28 de xuño realizaremos unha actividade de sensibilización na entrada do Pazo Provincial na que contaremos con actividades e reparto de material conmemorativo da campaña.