galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2017

Conmemoración 25 N

 

BANDEROLA EN NEGRO.jpg

A Deputación da Coruña, co motivo da conmemoración do 25 de novembro 2017, adheriuse á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero, En Negro Contra As Violencias, promovida por 75 concellos galegos, 3 deputacións e máis de 4.665 establecementos, que terá a súa principal actividade do 23 ao 26 de novembro.

A presentación da campaña tivo lugar no Parlamento Europeo, en Bruxelas, o día 7 de novembro onde participaron diferentes representantes políticos das institucións adheridas.

http://ennegrocontraasviolencias.gal/novas/exito-na-presentacion-de-en-negro-contra-as-violencias-en-bruxelas

 

 

O pasado día 15, asinouse o protocolo da campaña na cidade de Santiago de Compostela. No citado acto estivo presente a vicepresidenta da institución provincial.

http://ennegrocontraasviolencias.gal/novas/asinado-o-protocolo-para-en-negro-contra-as-violencias-machistas

https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=2308

O obxectivo da campaña é fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas, implicando o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero.

Co obxecto de identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero editáronse materiais específicos para seren empregados pola  cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.

Para os centros da Deputación enviamos nesta semana mochilas, postais, pegatinas autocolante de ventás e carteis con diferentes lemas.

Tamén se editou unha unidade didáctica que traballa sobre os xogos de roles, nesta ligazón podedes atopar o manual e os materiais:

https://drive.google.com/drive/folders/1G9A5v1GNSgvu5XSizaPHZRlF5RU-scqh

No pazo provincial instalaremos o venres 24 de novembro de 8 a 10 h. e de 13 a 15 h. unha mesa de materiais e un espazo para fotografármonos co lema da campaña e participar nas redes sociais e web empregando os seguintes cancelos ou etiquetas  #GaliciaEnNegro, #ContraAsViolencias, #EnNegroContraAsViolencias.

Así mesmo, ás 12h vaise ler o manifesto da campaña e concentrarémonos no pleno cun minuto de silencio.

Podedes seguir a campaña aquí:

Web: http://ennegrocontraasviolencias.gal/

Facebook: En negro contra as violencias - @ennegrocontraasviolencias - https://www.facebook.com/ennegrocontraasviolencias/

Twitter: contraasviolencias - @galiciaennegro - https://twitter.com/galiciaennegro

Instagram: ennegrocontraaviolencia - https://www.instagram.com/ennegrocontraaviolencia/