galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2017

Conmemoración 8 de marzo

Con motivo da celebración do 8 de marzo de 2017 "Día das mulleres",  se conmemora a loita constante das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade cos homes, na sociedade e no seu propio desenvolvemento como persoas.

Un ano máis lémbrase, entre outros sucesos reivindicativos de mellora das condicións laborais relacionadas principalmente coa mellora dos salarios, condicións de traballo e conciliación laboral e familiar, as máis de 140 mulleres obreiras textís que traballaban baixo unhas pésimas condicións, na fábrica Triangle Shirtwaist de Nova York,que no ano 1911 morreron por mor dun incendio.
Este desastre obrigou a implantar cambios lexislativos en normas de seguridade e saúde industrial así como a creación do Sindicato Internacional de mulleres traballadoras textís que loitaría incansablemente por mellorar as condicións laborais.
Das cinzas deste tráxico evento xurdiu a procura de xustiza social para mulleres e homes e 106 anos despois esta chama segue ardendo en todo o mundo.

Dende a Deputación da Coruña apoianse diferentes actuacións preventivas e/ou de intervención social para facer real e efectiva a igualdade entre mulleres e homes na provincia, no marco da lexislación vixente nesta materia, e gustaríanos informarvos das accións específicas que se poñen en marcha no marco desta conmemoración:

1. IMAXE CONMEMORATIVA 8 DE MARZO "DÍA DAS MULLERES"

Imaxinas un mundo sen mulleres?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2. MAXIA POLA IGUALDADE. Espectáculo de Ilusionismo.

Maxia pola Igualdade

 

 

Biblioteca Provincial (actividade aberta ao público)
Día: 7 de marzo de 2017
Horario: de 17:00 a 18:00 h
Lugar: Sala Manuel López da Biblioteca
Centro de día de menores de Ferrol
Día: 17 de marzo de 2017
I.E.S.  Rafael Puga Ramón
Día: 23 de marzo de 2017

 

 

 

 

 

3. VIII CONCURSO DE VIÑETAS " IgualMente" (Pendente de publicación no B.O.P.)

Cartaz Concurso de viñetas

 

 

 

 

 

O obxecto do certame é que persoas de entre 12 e 18 anos poidan a través dunha viñeta ou tira reflexionar, concienciar e mudar mentalidades sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero.