galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero : 2017 : Conquista os elementos, Videoforum sobre o deporte feminino

Información xeral do proxecto

A Deputación da Coruña comeza unha campaña divulgativa, de sensibilización e visualización do deporte feminino na provincia.

A campaña está dirixida á  poboación en xeral, e especificamente ao público adolescente, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.

As actividades da campaña  terán unha duración de 12 meses e se levarán a cabo a través da proxección de 23 vídeo forums nos concellos de:

Santiago de Compostela, Ames, Padrón, Melide, Vimianzo, Santa Comba, A Coruña, Arzúa, Riveira, Negreira, Carballo, Betanzos, Oleiros, Cambre, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Ferrol, Narón, Cee, Muros, Noia, Ordes, Ortigueira.

Esta campaña  é  unha continuación do proxecto que se levou a cabo dende a Deputación do   documental “CONTRA OS ELEMENTOS” no que se pretende visualizar o deporte feminino, amosando a realidade das deportistas galegas e reivindicar a proxección das deportistas de élite e apoiar os deportes minoritarios e de base.