galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Proxectos : Igualdade e loita contra a violencia de xénero

Histórico

ANO 2012

EXPOSICIÓN FÓRUM METROPOLITANO, A CORUÑA

A Deputación da Coruña, neste últimos anos levou a cabo no marco da conmemoración do 8 de marzo “Día da muller traballadora” uun concurso de viñetas que se convocaron de xeito consecutivo nos anos 2010, 2011 e 2012.

Como resultado destas actividades nas tres convocatorias temos un total de 70 traballos participantes, 21 finalistas e 9 traballos gañadores, realizados por nenos/as con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos

ANO 2011

CIRCUITO DE CHARLAS "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

A Deputación da Coruña promoveu un ciclo de charlas sobre a situación actual da muller traballadora en Galicia no marco da conmemoración do 8 de marzo "Día das mulleres traballadoras", data importante que nos lembra a loita de moitas mulleres e o que aínda queda por facer para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.

O ciclo de charlas desenvolveuse no Concello de Carballo o 21 de marzo ás 17,30 h baixo o título "A reforma laboral hoxe", o 22 de marzo ás 17.30h no Concello de Narón "Experiencias da vida" e no Concello de Arteixo o 23 de marzo ás 18.30h "A inserción da muller no mundo laboral".

ADQUISICIÓN DE EXEMPLARES DO LIBRO "DONAS DE SEGREDO"

O deputado responsable da Comisión de Benestar Social, Políticas de igualdade de xénero e Normalización Lingüística da Deputación Provincial considerou de interese valorar a adquisición destes 950 exemplares.do libro de poemas “Donas do segredo”, con textos de Luz Pozo, Enma Couceiro, Rosalía de Castro, etc. para dotación propia da Deputación Provincial da Coruña.

Con este libro preténdese visibilizar o traballo literario das autoras galegas máis representativas en lingua galega como símbolo do traballo das mulleres en Galicia.

 EXPOSICIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Desde a Sección de servizos sociais, a Deputada delegada da área de políticas de igualdade propón  a contrataciónn da exposición itinerante sobre Rosalía de Castro con motivo do 125 cabodano do seu pasamento, como unha acción para o fomento igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade en xeral.

A exposición levouse  20 concellos da provincia con presencia en cada unha das comarcas e con preferencia a aqueles concellos que tiveron unha relación directa coa vida e obra da artista: Santiago, A Coruña, Padrón, Boiro, Ferrol, Melide, Carballo, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Fisterra, Narón, Oleiros, Culleredo, Ames, Riveira, Cambre, Teo, Noia, Sada e Fene.

CIRCUITO DE REPRESENTACIÓNS TEATRAIS "A IGUALDADE CONTA"

Como continuación da adquisición da colección "A igualdade conta" da editorial Embora, desde a  Deputación executáronse  8 espectáculos infanto-xuvenís coa técnica de contacontos, da man da compañía teatral  Ghazaflehos.

Esta actividade desenvolveuse nos concellos de: Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Narón, Oleiros, Riveira, Boiro, Teo, Sada, Laracha, Rianxo, Corcubión, Dodro, Boqueixón.

MANIFESTO CO MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO "DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Co gallo da conmemoración do día 25 de novembro “Día contra a violencia de xénero” leeuse un manifesto acordardo por todos os grupos políticos no pleno de novembro de 2011.

O documento recollía os compromisos deste organismo na materia, o traballo iniciado neste senso, os avances experimentados, as carencias e os retos de futuro aínda por conseguir para terminar con esta lacra social.

 ANO 2010

CONCERTO CRISTINA BRANCO

A Deputada Delegada da área de Igualdade propuxo realizar, no marco da conmemoración do 8 de marzo de 2010, unha actuación musical de presentación do novo álbum "Kronos" de Cristina Branco, que tivo lugar o día 20 de marzo de 2010.

No acto leiuse un manifesto sobre a necesidade de visibilizar o traballo produtivo das mulleres na sociedade, conciliar a vida persoal, laboral e familiar, e a necesidade da corresponsabilidade e o reparto das responsabilidades familiares para favorecer a plena incorporación das mulleres no mundo laboral.

DIFUSIÓN DE UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL

Neste ano propúxose levar a cabo a difusión dunhas unidades didácticas elaboradas pola institución provincial a: C.P.I e I.E.S.  así como a todos os departamentos de Servizos Sociais e/ou de Igualdade, C.I.M. e Bibliotecas públicas da provincia.

ANO 2010

O Pazo de Mariñán acolleu o 20 de decembro a "II Xornada Contra a Violencia de Xénero" no marco da conmemoración do  Día Internacional contra a  violencia de xénero, adicándolle este ano especial a atención á trata de mulleres con fins de explotación sexual. 

Nestas II xornadas estiveron representados os distintos axentes sociais que traballan neste ámbito co fin de coñecer, afondar e establecer canles para traballar a prol da  erradicación da violencia de xénero.

ANO 2008

CONCERTO MILLADOIRO

No marco da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero a Deputación decidiu acoller ao grupo musical Milladoiro que presentou o seu último traballo no teatro Colón da cidade de A Coruña.

“A quinta das lágrimas” está dedicado a Inés de Castro, raiña de Portugal a título póstumo, "unha muller que foi vítima da violencia machista"

REPRESENTACIÓNS TEATRAIS "MEDIDAS PREVENTIVAS"

No marco da conmemoración do 25 de novembro do año 2008, propúsoxe un circuíto de representacións teatrais da obra “ Medidas preventivas” de Gustavo Pernas, que se levou a 7 concellos de menos de 30.000 habitantes da provincia e á cárcere de Teixeiro.

ANO 2007

PROXECTO EUROPEO "TRABALLANDO NA CORRESPONSABILIDADE NO EIDO LOCAL"

En colaboración co departamento de planificación da Deputación da Coruña traballouse nun Proxecto de Corresponsabilidade no Eido Local. O

As actuacións do Programa para a corresponsabilidade no campo familiar e doméstico foron:

  • Investigación e diagnóstico en corresponsabilidade.
  • Sensibilización, captación e dinamización.
  • Formación especializada en xénero e formación audiovisual. Difusión e transparencia.
  • Coordinación e xestión.