Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Conmemoración do 25 N de 2020

Conmemoración do 25 N de 2020

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña ponse en marcha "DE FRONTE á violencia de xénero", unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación social, de maneira especial aos concellos e tamén ás distint as entidades sociais que traballan no territorio.

Mediante esta campaña procúrase promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade. Entre os seus obxectivos tamén se encontra a sensibilización social fronte á violencia de xénero, así como fornecer de recursos accesibles ou apoiar a diversificación da oferta de actividades socioculturais relacionadas coa igualdade de xénero

A estas actividades únese a creación dunha web específica da campaña, defronte.gal, que conta con información sobre o proxecto, propostas de recursos de utilidade e acceso ás diferentes actividades e dende onde pódense adherir entidades públicas ou privadas do tecido educativo, asociativo ou empresarial.

Tal e como se establece no "Plan de acción das políticas de igualdade de xénero da provincia da Coruña (2019-2023)", a Deputación traballa na ¿creación de redes de Concellos pola igualdade e contra as violencias machistas na provincia da Coruña¿. É dende este marco dende o que se pon en marcha este proxecto de ámbito provincial
con vocación de continuidade, co principal obxectivo de fomentar unha rede de colaboración estable entre administracións locais sensibles e activamente comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia
de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación e co conxunto da sociedade.

Por outro lado o Plan tamén establece na súa sexta área estratéxica a necesidade de continuar o traballo no "fomento dunha sociedade libre de violencias machistas" nun sentido amplo. Así, a posta en marcha deste
proxecto vai acompañada da publicación nesta páxina web e nas redes sociais da Deputación dunha serie de actividades e recursos en liña en torno á conmemoración anual do 25 de novembro, cumprindo deste xeito coa
medida 6.1.1. do devandito plan.

Do mesmo modo, a xeración dun espazo de encontro e traballo colaborativo xunto coa creación dunha serie de recursos accesibles e significativos para afondar nas causas e solucións a esta problemática alíñase coa medida 6.2.1., de xeración dun espazo de formación en liña e para o intercambio de información entre profesionais de diferentes ámbitos, ampliando tamén a oferta de recursos e actividades socioculturais atravesadas por unha mirada feminista.

Actividades previstas

Entre as actividades encontramos o "Desafío poético", concurso que se desenvolverá entre o 4 e o 26 de novembro e que consiste en compartir en Facebook ou Twitter un texto poético, propio ou non. O premio serán tres bonos de 60€ para gastar en librarías da provincia. A partir do día 4 de novembro tamén se ofrecerán online e en aberto tres conferencias que abordarán a violencia de xénero desde diferentes perspectivas, como o da
mocidade, da man de Vanessa Rodríguez Pousada, das tecnoloxías da información, con Sara Vierna Fernández, e dos medios de comunicación, con Ana Sanmartín López. Entre o 9 e o 15 de novembro desenvolverase unha actividade, guiada por Palmira Castro, de narración poética para todas as idades, conxuntamente cunha acción colectiva de origami nas redes sociais. Para público infantil e familiar, ofrécese "Contos de nenas grandes e pequenas", unha produción de Marta Ortiz e Brais das Hortas, en aberto do 23 ao 29 de novembro.

Descargas