Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Conversas sobre a menopausa. Conmemoración do "Día da saúde das mulleres"

Conversas sobre a menopausa. Conmemoración do "Día da saúde das mulleres"

Banner Conversas Menopausia.jpg

A área de Igualdade da Deputación da Coruña realiza o ciclo en liña “Conversas sobre a menopausa” co gallo do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres

Con motivo do 28 de maio “Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres” a área de Igualdade da Deputación da Coruña organiza o ciclo en liña “Conversas sobre a menopausa”.

O obxectivo deste ciclo é ofrecer cinco conversas con profesionais de diversos eidos amosando unha visión realista e normalizadora da menopausa; rompendo estereotipos e fuxindo da súa patoloxización.

Baixo un formato de entrevista, as xornalistas Sonia López e Marián Fernández conversan con; Carme Valls, endocrinóloga e unha das pioneiras do Estado en incluír a perspectiva de xénero na medicina, Anna Freixas, psicóloga e xerontóloga feminista, Rosa Almirall, xinecóloga e sexóloga, Cristina López Villar, doutora en ciencias da actividade física e o deporte e profesora da UDC e Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga e profesora da USC.

Os vídeos penduraranse na páxina web e redes sociais da Deputación da Coruña a partir de hoxe luns 25 de maio seguindo este calendario:

En definitiva, 5 conversas en formato vídeo conferencia e de curta duración (entre 5 e 10 min) a 5 especialistas de distintos ámbitos para achegarnos á menopausa desde un enfoque feminista, fuxindo de estereotipos e medos infundados. Cinco conversas sinxelas que nos alentan a gozar e normalizar esta etapa da nosa vida.