galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Xornadas : Xornadas saúde e sexualidade

Características

 

As Xornadas sobre saúde e sexualidade terán lugar o próximo día 27 de maio de 2016, en conmemoración do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres, na Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial, sito na Avenida do Porto da Coruña, número 2, C.P. 15003,  A Coruña.

As xornadas desenvolveranse en horario de mañá (entre as 08:45 e as 14  horas) e contarán coa participación de diferentes persoas e  entidades de iniciativa social (Ver programa)

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 24 de maio ás 14  horas. Para inscribirte deberás enviar un correo electrónico co formulario de inscrición cuberto ó enderezo electrónico igualdade@dicoruna.es.

Para calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 981 080 780/981 080 775.

LOGO.pdf

PROGRAMA DAS XORNADAS.pdf

FORMULARIO INSCRICIÓN XORNADA SAÚDE.docx