LIÑAS DE ACTUACIÓN
Nas convocatorias de subvencións para entidades locais fináncianse as seguintes liñas de actuación:
PROGRAMAS E SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS Códigos: CCB-1. Programa de valoración, orientación e información. CCB-2. Servizo de axuda no fogar. CCB-3. Servizo de educación e apoio familiar. CCB-4. Programa básico de inserción social. CCB-5.Programa de fomento da cooperación e solidariedade social. |
SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS Códigos: CCE-1. Centros enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión, en particular, os centros de inclusión e emerxencia social tipificados regulamentariamente, tales como albergues, centros de acollida, comedores sociais, centros de atención continuada e centros de día de inclusión social. CCE-2. Programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión mediante equipos de inclusión sociolaboral e proxectos específicos enfocados, entre outros, a persoas perceptoras de rendas mínimas de inserción, persoas sen fogar, inmigrantes, emigrantes retornados, comunidade xitana e outras minorías socialmente vulnerables. CCE-3. Centros e servizos de atención diúrna ou nocturna para a atención de persoas maiores ou con limitacións na súa autonomía. CCE-4. Centros ocupacionais para a atención de persoas con discapacidade, así como o apoio psicosocial e familiar vinculado á atención temperá. CCE-5. Equipamentos e servizos que faciliten a atención das persoas maiores e a súa socialización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal. CCE-6. Centros e instalacións de atención da primeira infancia que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar. CCE-7.Programas e/ou servizos de asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. CCE-8. Equipamentos e programas orientados a atención psicosocial, intervención socioeducativa, actividades de tempo libre, promoción de actividades saudables, formación en habilidades sociais ou outros que contribúan á súa integración familiar e comunitaria para a atención a menores de idade en situación de risco ou conflito social. CCE-9. Equipamentos que favorezan un ámbito de convivencia alternativa nos casos de necesidade temporal tecnicamente valorada. CCE-10. Outros equipamentos sociais non residenciais destinados ao desenvolvemento de programas para sectores de poboación con necesidades sociais diferenciadas que posibiliten o logro dos obxectivos do sistema galego de servizos sociais. |
SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Códigos: CE-1. Área de familia, infancia e mocidade CE-2. Área de diversidade funcional CE-3. Área das persoas maiores CE-4. Área das drogodependencias e outros trastornos aditivos CE-5. Área de migracións CE-6. Área de prevención da delincuencia e inserción social de persoas ex-internas. CE-7. Outros colectivos de persoas en risco ou situación de exclusión ou especiais dificultades de inserción social e/ou laboral. |
CONCESIÓNS
Pode consultar as concesións de subvencións do programa FOAXCA dos últimos anos nas seguintes ligazóns
NO ANO 2017 A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA O MANTEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS INCORPOROUSE O PLAN P.O.S.+ DA DEPUTACIÓN