galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Inclusión Social

Programa de erradicación do chabolismo e infravivenda

PROGRAMA DE COOPERACIÓN CON CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA PLANS, PROGRAMAS OU PROXECTOS MUNICIPAIS ENFOCADOS A FACILITAR OS PROCESOS DE ERRADICACIÓN DO CHABOLISMO E/OU INFRAVIVENDA

A política de vivenda constitúe un dos principais elementos dunha política de benestar social, dirixida a facer realidade o dereito de todas as persoas a unha vivenda digna e adecuada, cunha atención especial cara aos colectivos máis desfavorecidos, a través dunha política de vivenda que favoreza a integración social e calidade de vida.

A Deputación da Coruña asinou desde o ano 2008 un Programa de convenios con catro concellos da provincia que están a levar a cabo plans ou programas municipais de erradicación do chabolismo ou infravivendas, como son os concellos da Coruña, Narón e Santiago de Compostela, inmersos en procesos de realoxo ou rehabilitacións. A finalidade é subvencionar unha ampliación dos recursos humanos necesarios, cofinanciado os equipos dos concellos que estean a traballar na inclusión residencial da comunidade xitana.