galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Maiores : Convocatoria de subvencións

Subvencións entidades locais

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades locais fináncianse as seguintes liñas de actuación:

PROGRAMAS DE SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

Códigos:

EAS-1 Proxectos para a prevención do deterioro físico: actividades de ximnasia, mantemento, termalismo social e similares.

EAS-2 Proxectos para a prevención do deterioro mental: obradoiros de memoria e similares.

EAS-3 Proxectos ou accións para garantir a seguridade, como son, entre outros, os cursos de primeiros auxilios, de prevención de riscos e caídas no fogar ou na rúa, de manipulación de material perigoso na vida cotiá e outras similares.

PROGRAMAS DE PARTICIPACIÓN NO MEDIO SOCIAL

Códigos:

EAP-1 Campañas de sensibilización (xornadas, seminarios, charlas, congresos, publicidade, etc.) sobre a participación social das persoas maiores en igualdade de oportunidades.

EAP-2 Proxectos formativos/informativos sobre a creación, participación e mellora da xestión de organizacións e asociacións, formadas maioritariamente por persoas maiores, para o fomento da participación social.

EAP-3 Proxectos ou accións de ocio e tempo de lecer que promovan espazos de encontro como: obradoiros de traballos manuais, restauración, música, danza e outros.

PROGRAMAS DE CONVIVENCIA INTERXERACIONAL

EAC-1 Campañas de sensibilización (xornadas, seminarios, charlas, congresos, publicidade, etc.) sobre a importancia das persoas maiores na familia e na sociedade.

EAC-2 Proxectos formativos/informativos como, por exemplo: escolas de avós e avoas, obradoiros de recuperación de xogos tradicionais, obradoiros de recuperación da memoria histórica da zona, obradoiros de reparto das tarefas domésticas e outros obradoiros.

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa FO036A dos últimos catro anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2016

 

ANO 2015

 

ANO 2014

 

ANO 2013