galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Maiores

Teleasistencia domiciliaria

1. DEFINICIÓN DO PROGRAMA

A teleasistencia domiciliaria é unha prestación técnica dentro do servizo social de axuda a domicilio e apoio á unidade de convivencia, que permite a posibilidade de continuar vivindo no propio domicilio.

O IMSERSO, a FEMP, e a Deputación Provincial da Coruña, asinaron no ano 1998, un convenio de colaboración para desenvolver o programa de teleasistencia. 

O servizo ofertóuselles ás persoas usuarias a través dos concellos da provincia da Coruña, ao abeiro do convenio marco de colaboración que asinaran á súa vez o IMSERSO e a FEMP, con data do 20 de abril de 1993.

2. PERSOAS DESTINATARIAS

As persoas destinatarias do servizo de teleasistencia domiciliaria son persoas maiores de 65 non dependentes, tendo prioridade aquelas persoas que vivan soas permanentemente ou durante gran parte do día.

3. OBXECTIVOS

O programa de teleasistencia domiciliaria ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, todos os días do ano, proporcionándolles seguridade e tranquilidade aos seus usuarios/as. 

O funcionamento deste sistema consiste no contacto permanente das persoas usuarias cunha central de atención. Ditas persoas dispoñen dun terminal conectado á súa rede telefónica, que se acciona con só premer o botón da pulseira ou medallón que deben levar sempre consigo.

A central de atención, xestionada na actualidade pola empresa EUXA, está asistida por un equipo de teleoperadores/as profesionais que realizan funcións de seguimento e acompañamento social das persoas usuarias asi como mobilizan os recursos axeitados ante posibles situacións de emerxencia. Para realizar ditas funcións este equipo de profesionais conta previamente con todos os datos necesarios da persoa usuaria como por exemplo: enfermidades, medicación, familiares ou persoas de contacto, etc.

 4. SITUACIÓN ACTUAL DO PROGRAMA

A partir de 2008 prorrógase o compromiso do convenio co IMSERSO e a FEMP, mantendo a súa achega e garantindo as telealarmas xa concedidas, ata causar baixa no programa provincial.

A Deputación Provincial da Coruña financiará no ano 2013 o Programa de Teleasistencia Domiciliaria de forma íntegra, mantendo o mesmo número de persoas usuarias.

Os movementos como as baixas, suspensións temporais, etc. deben tramitalos os concellos adheridos ao convenio nos impresos oficiais e comunicarsellos á Deputación.

Obter aquí os impresos