galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Persoas maiores : Teleasistencia domiciliaria

Contigo Mellor. Programa de teleasistencia domiciliaria

O programa de teleasistencia domiciliaria da Deputación ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, 365 días ao ano, proporcionándolles autonomía, seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias.

O funcionamento deste sistema permite ter en contacto permanente ás persoas usuarias coa central de atención, pulsando o botón do medallón ou pulseira que deben levar sempre consigo.

A central de atención, está asistida por un equipo de teleoperadores/as profesionais que realizan funcións de seguimento e acompañamento social das persoas usuarias mobilizando os recursos axeitados ante posibles situacións de emerxencia. Para realizar ditas funcións este equipo de profesionais conta previamente con todos os datos necesarios da persoa usuaria como por exemplo: enfermidades, medicación, familiares ou persoas de contacto.

Redes sociais

Mais información: