galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Voluntariado Social : Proxecto Activex

Obxectivos

2. OBXECTIVOS

Os principais obxectivos deste proxecto son os seguintes:

a) Obxectivo xeral

  • Aumentar as habilidades e competencias persoais, lingüísticas, sociais e interculturais das persoas voluntarias involucradas en ambos países.
  • Contribuír activamente ao desenvolvemento da súa comunidade

b) Obxectivos específicos

  • Levar a cabo actividades relacionadas cos ámbitos da atención da saúde e calidade de vida.
  • Tomar parte en diferentes actividades relacionadas cos grupos socialmente desfavorecidos e a igualdade de xénero, actividades artesanais, xogos tradicionais, actividades medioambientais, etc.
  • Contribuír a eliminar os obstáculos que impidan a igualdade, eliminando calquera tipo de violencia e favorecendo o avance da sociedade.
  • Promover os valores sociais, culturais, deportivos e ecolóxicos.
  • Previr e remover as situacións causantes de feitos que producen exclusión.
  • Promover a defensa dos dereitos e intereses da cidadanía.
  • Desenvolver programas nas áreas de interese xeral con especial incidencia no ámbito educativo e sociocomunitario.