galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Voluntariado Social : Proxecto Activex

Organización do proxecto

3. ORGANIZACIÓN

3.1. Fases do proxecto

As principais fases do Proxecto Activex son as seguintes:

a) Preparación: Esta fase consiste na realización dun curso de introducción e preparación á lingua inglesa de ata 20 horas de duración ou dúas semanas, no que se pretende dotar as persoas voluntarias da competencia lingüística necesaria para o desenvolvemento da actividade, así como adquirir unha serie de coñecementos xerais necesarios para unha mellor integración na organización do país.

b) Implementación: Esta fase consiste na realización da actividade de voluntariado no país receptor e ten unha duración de 3 semanas. Todas as persoas voluntarias estarán acompañadas durante todo o proceso por dúas persoas titoras, unha do país de acollida e outra do país de envío.

c) Avaliación: Esta fase consiste na realización dunha avaliación posterior á realización da actividade de voluntariado.